A Pobra celebrará o Día da Patria Galega con dúas actividades adaptadas á situación epidemiolóxica
A situación epidemiolóxica actual derivada da COVID-19 fixo que dende o Concello da Pobra do Caramiñal se tivesen que reformular as actividades programadas polo Día da Patria Galega, no 25 de xullo, tal e como deron a coñecer o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra); e o concelleiro da Normalización Lingüística, Xabier Santos (BNG). Unha …